Parques naturales Galicia


Flora


Galicia ten unha grande porcentaxe de bosque[Cómpre referencia], onde se desenvolven importantes especies forestais en estado natural, se ben nas últimas décadas as características boscosas están cambiando debido á importación do eucalipto, quedando un número de fragas reducido, en particular no centro-norte da provincia de Lugo.
Dentro do aproveitamento da terra fóronse introducindo diversos cultivos, pero respecto á cantidade de terra dedicada compiten cos pastos debido á presión do aproveitamento económico do gando.
Galicia é unha forte potencia de riqueza forestal para o Estado Español. A pesar dos incendios forestais que queiman moitas hectáreas tódolos anos, a madeira producida en Galicia é unha importante fonte de ingresos, así como a pasta de celulosa procedente de madeiras brandas. A rexión é unha zona de transición entre tres climas e os seus biotopos:
atlántico, con bosques de carballos, bidueiros, amieiros, etc.;
mediterráneo, principalmente nos vales interiores dos grandes ríos, con elementos significativos coma estevas, sobreiras, erbedos, etc.;
continental bastante suavizado, con elementos puntuais coma teixos, acivros, algúns abetos (alóctonos), piñeiros vermellos, etc.;
Debido á bonanza do clima, danse tamén facilmente especies subtropicais e mesmo tropicais: palmeiras, orquídeas, etc. En Galicia houbo tres revolucións botánicas ou forestais, que se deron en tres épocas diferentes e con resultados ben distintos:
chegada do castiñeiro (Castanea sativa) cos romanos, rapidamente aclimatado e agora xa considerado coma autóctono;
chegada das repoboacións de piñeiro rodeno (Pinus pinaster), co tempo chamado mesmo piñeiro do país ou piñeiro galego, dende a descubrimento de América, sobre todo para a construción de barcos;
chegada das repoboacións de eucalipto (especialmente Eucalyptus globulus), dende o franquismo, aínda contemplado coma especie alóctona, principalmente para fornecer de materia prima a ENCE, a papeleira de Pontevedra


Fauna


Os animais que se ven topicamente como máis característicos de Galicia son domésticos, e corresponden ás explotacións gandeiras. Porén, os bosques e montes galegos albergan unha variedade de pequenos mamíferos (lebres, coellos) e outros non tan pequenos (como xabarís ou corzos) que son aproveitados nas tempadas de caza.
Dentro das aves, cabe citar os varios sitios de paso ou invernada, zonas ZEPA, etc, como a da Ría de Ribadeo.


Climatoloxía


Galicia ten un clima suave de tipo oceánico, caracterizado por precipitacións abundantes e permanentes.
En xeral, Galicia ten un clima suave de influencia oceánica, moi chuvioso. Aínda así, a irregular orografía ten como consecuencia a existencia de múltiples microclimas, con fortes variacións en áreas con pouco máis de 200 km2.
A grandes trazos, pódense distinguir as seguintes zonas:
Rías Altas e interior da Coruña, con clima oceánico húmido. Rexistra o maior índice de precipitacións de Galicia, así como o menor número de días soleados e o maior número de días con precipitacións.
Mariña Luguesa, con clima oceánico suave con temperaturas baixas todo o ano.
Interior, con clima oceánico case continental.
Rías Baixas, con clima oceánico suave.
Curso fronteirizo do río Miño, cun clima moi próximo ao Mediterráneo suave.
Ribeira Sacra, cun clima continental moi cálido propiciado polo Val do río Miño e os diversos montes que rodean a cidade de Ourense. No verán acostuman a ser bastantes os días nos que se rexistra a temperatura diaria máis elevada de España.
Eis un resumo dos datos do Observatorio Ramón María Aller de Santiago respecto ó ano 2002 como exemplo ilustrativo para o interior de A Coruña:
Choiva: 189 días de choiva (distribución normal de 50% de días chuviosos) con 2.415,9 l/m2, distribuída na súa maioría nos tres derradeiros meses do ano.
Temperatura: mínima rexistrada de +0,6ºC e máxima de 32,8ºC.
Insolación: 1.663 horas e 40 minutos, a cantidade máis baixa con diferenza dos últimos anos (media anual, 2.000 horas).
Outros: 28 días de tormenta.
O clima varía entre as costas, con oscilacións máis suaves, e o interior, no que se acadan no inverno as temperaturas máis frías (Manzaneda) e no verán as máis cálidas (Ourense).


SUS PARQUES:

Parque natural Fragas do Eume

Parque natural Islas Atlanticas

Parque natural Monte Aloia

Parque natural O Invernadeiro

Parque natural Serra do Xures

Parque natural Sierra da Enciña da Lastra

2 comentarios:

Unknown dijo...

He querido mantener el idioma gallego al documento ya que creo que hace que al leerlo nuestra mente, nos desplaza a estos parajes tan hermosos.

Si alguien desea la traducción, solo tiene que realizar la copia en el traductor de google.

Anónimo dijo...

Una guía muy completa si señor. Por experiencia propia recomiendo visitar la Serra do Xurés. Aunque por desgracia los incendios están haciendo estragos por la zona. Sl2